NOVAS

"Sobre o desamor e outras mariconadas" no Café Teatro do Pazo da Cultura

Publicado o 30 de Xaneiro de 2014

Ei! Hoxe, xoves 30 de xaneiro temos unha kedada no Café Teatro do Pazo da Cultura!

Ás 20:30 horas a compañía Viriscrón representa o seu espectáculo "Sobre o desamor e outras mariconadas". É unha actuación para maiores de 14 anos que dura aproximadamente unha hora.

O prezo da entrada para o público xeral é de 9´50 €, os abonados pagan 6´65 € e, aquel@s que teñades o Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) tedes que pagar só 5´50 €.

Durante esta hora faremos unha viaxe como espectadores desa experiencia tan sinuosa e marabillosa como é o amor, e o desamor!

O actor-creador Ricardo de Barreiro (Celda 211, Matalobos, Los girasoles ciegos...) fainos unha proposta especial, diferente e feita con moito mimo coa que viaxaremos por un planeta cheo de sensacións e emocións.

Acompáñanos nesta viaxe a sensibilidade e serenidade do músico-compositor Guillerme Fernández (Berrogüetto, Espido, aCadaCanto...).

Imos? Kedamos.