NOVAS

Solicita a túa beca de formación Consello Superior de Deportes ata o 18 de maio

Publicado o 29 de Abril de 2014

O Consello Superior de Deportes concede catro bolsas de formación de posgrao

tres delas na Subdirección Xeral de Deporte e Saúde e unha na Subdirección Xeral de Inspección.

A beca na Subdirección Xeral de Inspección está dirixida para:

  • Licenciados/ graduados en Economía
  • Licenciados/graduados en Administración e Dirección de Empresas
  • Diplomados/graduados en Ciencias Empresariais

 

As tres becas restantes repartíronse do seguinte xeito:

  • Laboratorio de Forza: licenciados/graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e/ou Licenciados/Graduados en Medicina, e Medicina e Cirurxía, (especialistas en Medicina da Educación Física e o Deporte)
  • Unidade de Endocrinoloxía e Nutrición: diplomados/graduados en Nutrición Humana e Dietética
  • Unidade de Fisioterapia: diplomados/graduados en Fisioterapia

 

O prazo de incrispción será dende o 29/4/2014 ata o 18/5/2014

Para a solicitude destas bolsas de formación débense cumprir unha serie de requisitos:

 

  • Posuír a nacionalidade española ou a dun país membro da Unión Europea ou pertencer a un Estado signatario do Acordo sobre Espazo Económico Europeo
  • Ser residente en España
  • Estar en posesión das titulacións requiridas para cada posto
  • A data de finalización dos estudos solicitados, non poderá ser anterior ao curso académico 2008/2009

 

A contía de cada bolsa será de 14.400 € anuais íntegros, divididos en doce mensualidade

Máis información: BOE do 28 de abril de 2014

http://www.csd.gob.es