NOVAS

Sorteo online para celebrar o Día do Libro

Publicado o 23 de Abril de 2020

O sorteo para celebrar o Día do Libro realízase a través de Instagram, na conta de Xuventude Galicia, e aceptaranse submisións durante todo o día de hoxe.

Dende a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quixeron sumarse ao Día do Libro cun sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).

¿Como participo?

Só tes que mencionar nos comentarios a conta dunha persoa a quen lle regalarías un libro neste día.

Link á publicación: https://www.instagram.com/p/B_TKP65nVHY/

¿Cal é o premio?

Participa para conseguir un dos 10 vales de 40€ que sortéanse para gastar nas librarías asociadas ao Carné Xove, unha vez abran de novo de xeito físico, en virtude do acordo que ten a Consellería coa Federación de Librarías de Galicia e en colaboración con Abanca.

¿Que requisitos hai?

Para participar só hai que:

  • Ser titular do Carné Xove
  • Seguir a @xuventudegalicia 

Poderás participar desde as 00:00h ata as 23:59h de hoxe, 23 de abril. O sorteo realizarase mañá, 24 de abril.

Podes consultar as bases do sorteo aquí.