NOVAS

Subvencións para entidades de acción voluntaria

Publicado o 20 de Abril de 2015

Convocadas novas subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria

e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015.

Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozos e mozas galegas para a súa colaboración na realización dos proxectos de voluntariado.

Que proxectos seran subvencionables?

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que :

  • Sean desenvolvidas persoas de idades entre os 18 e 30 anos, ou de 16 a 18 anos con autorización do pai/nai ou titor/a legal
  • Que se realicen no ámbito territorial de Galicia.

En que áreas se priorizará as subvencións?

Prioritariamente pero non exclusivamente, nalgunha das seguintes áreas:

  • Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
  • Actividades de recuperación da cultura, da arte e/ou das tradicións populares galegas.
  • Actividades con colectivos en situación de risco.
  • Actividades xuvenís.
  •  Actividades ambientais.
  • Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

Deben ter unha duracion mínima ou máxima?

Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días.

Requisitos:

  • Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
  • Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarias ou voluntarios.
  • Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias.

Donde se realizaran os tramites?

Poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento BS320A

Canto tempo esta aberto o prazo para a presentacion das solicitudes?

O prazo estará aberto ata o 18 de maio de 2015.

Máis información no DOG do 17 de abril de 2015 e en www.voluntariadogalego.org