NOVAS

Taller de Ideas dirixido a moz@s con proxectos emprendedores na Biblioteca Municipal do Alto

Publicado o 17 de Marzo de 2014

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de anunciar a celebración do “Taller de ideas: Cara ó emprendemento dende a participación”, que terá lugar o mércores 9 de abril en horario de 17 a 20 horas, na sala de conferencias e exposicións da Biblioteca Municipal do Alto.

Este obradoiro está dirixido a:

  • mozos e mozas,
  • animadores xuvenís,
  •  técnicos locais de emprego,
  • axentes de desenvolvemento local,
  • concelleiros de mocidade
  • e asociacións.

Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en horario de mañá, ou ben enviar un correo electrónico a: omix@naron.es

A inscrición é gratuita, e disponse de 20 prazas.

O Taller de Ideas foi solicitado pola Concelleira de Mocidade á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, que promove este tipo de iniciativas.

Pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos/as que teñan previsto presentar propostas no marco do programa “Iniciativa Xove” ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas na redacción e execución de proxectos.