NOVAS

Teatro do Morcego trae este xoves ó Pazo da Cultura de Narón a comedia "Misterio Cómico"

Publicado o 19 de Novembro de 2014

Tarde do xoves? On fire!

Tarde do xoves? On fire! A compañía teatral Teatro do Morcego representará este xoves 20 de novembro no Pazo da Cultura a comedia “Misterio Cómico”.

Ollo! Que é para adultos! A obra dará comezo ás 20:30 horas.

Entradas? As entradas están xa á venda nas billeteiras do auditorio.

Prezo? O prezo é de 9.50 € para público xeral e 6,65 € para abonad@s, usuari@s de carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregad@s.

De que trata a obra deste xoves? Trátase dunha adaptación dun texto de Darío Fo co que acadou dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o portugués Julio Cardoso. Con esta peza teatral, celébrase o XXV aniversario da fundación da compañía Teatro do Morcego. Darío Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito como doutros temas, reivindica o verdadeiro coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular. Baixo a dirección de Julio Cardoso, "Misterio Cómico" está protagonizada exclusivamente polo artista Celso Parada.