NOVAS

Teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018

Publicado o 04 de Novembro de 2016

O Ministerio de Eduación a través do secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades presentou o día 20 de outubro o novo número de teléfono para as víctimas de acoso escolar.

 

  • O teléfono 900 018 018 estará operativo a partir do 01 de novembro.
  • Funcionará as 24 horas do día, todos os días do ano.
  • As chamadas serán atendidas por profesionais da psicoloxía, xuristas, sociólogos e traballadores sociais.
  • A chamada é de balde e non aparecerá na factura de teléfono.
  • Os usuarios con discapacidade auditiva ou de fala disporán dun servizo de mensaxería de texto.

 

 

  1. Calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso non ámbito escolar, tanto dentro como fora do centro docente poderán facer uso deste teléfono. Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais.

 

Sen dúbida unha boa noticia para axudar ás persoas que sofren este tipo de maltrato social.