NOVAS

Tes entre 4 e 18 anos? Solicita xa a tarxeta "Xente Nova" e paga 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas

Publicado o 29 de Agosto de 2016

Como facerse con esta tarxeta?

A tarxeta "Xente Nova" vai dirixida a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 4 e 18 anos (incluídos). Con esta tarxeta aplicaráseche unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas, realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, ata un máximo de 60 viaxes mensuais por persoa.

 

  • Sabías que... as persoas menores de 4 anos viaxan gratis no transporte interurbano?
  • Sabías que... cando cumpras 19 anos podes seguir viaxando gratis coa tarxeta ata que se esgote o saldo?

 

Como facerse con esta tarxeta?

Esta tarxeta pode solicitarse na páxina http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txnNon é necesario que teñas unha conta en Abanca. Ao incorporar os datos solicitados o sistema xerará a túa tarxeta que poderás recoller na oficina de Abanca máis próxima. Poderás recollela só co teu DNI, non esquexas que é gratuíta!

Menores de idade? Se tes menos de 18 anos debe solicitala o teu representante legal, presentando o teu DNI, o seu DNI e o Libro de familia ou documentos equivalentes.

Máis información? 

 

  1. Web: http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e
  2. Correo electrónico: tmg@xunta.gal