NOVAS

Últimas prazas para inscribirse en cinco accións formativas de inclusión tecnolóxica da Rede CeMIT a impartir na zona urbana do municipio

Publicado o 13 de Febreiro de 2017

Estás interesado en formarte nas novas tecnoloxías? Si? Debes saber que aínda hai prazas en 5 accións formativas da Rede CeMIT, non deixes pasar esta oportunidade!

A concelleira de Mocidade e Formación, Natalia Hermida, explicou a semana pasada que todavía existen vacantes nos cursos:

 

  1. Mellora de empregabilidade en internet”, que comezará o 21 de marzo.
  2. “Posicionamento en Internet e indicadores de xestión”, a partir de hoxe, luns 13 de febreiro.
  3. “Creación e dinamización da túa web”, a partir do 15 de marzo.
  4. “Marketing dixital: promoción comercial a través das redes sociais”, que se iniciará o 17 de abril.
  5. “A utilidade das TIC", desde o día 19 de maio-.

 

Hermida recordou que a través do Concello xa se inscribiron nos cursos ofertados 59 persoas, se ben recalcou que aquelas interesadas en anotarse nas accións formativas dispoñibles deben agora facelo a través da rede CeMIT, no enlace:  https://cemit.xunta.gal/gl/actividades?idCentro=48.

Esta convocatoria a través da rede CeMIT é aberta a persoas de Narón e tamén doutros concellos.

En canto aos cursos da Rede CeMIT na zona rural, a concelleira naronesa explicou que teñen unha duración total de 40 horas e que se iniciaron o pasado 1 de febreiro nos locais sociais de Doso e San Xiao e rematarán o 23 de maio en Sedes. As accións formativas do rural son sobre: “Navegación segura”, “Redes Sociais” e “Trámites Electrónicos”, explicou Hermida, que avanzou que estas mesmas modalidades se convocarán de novo no mes de setembro. “Os cursos CeMIT da zona rural impártense nos locais sociais de Castro, Doso, Sedes, San Xiao e San Mateo, en diferentes días e horario sempre de tarde, se ben desde o Concello se ofertou a todas as parroquias da zona rural pero non en todas se conseguíu formar un grupo mínimo de alumnado para poder levalo a cabo”, apuntou a edil. “En total participan cincuenta e dúas persoas nas citadas parroquias, donde se traballa con dez ordenadores portátiles do Concello, se ben nos casos en que o alumnado é superior, nalgúns casos de doce persoas, son dúas as que levan os seus propios equipos”, explicou. “Unha vez máis, desde a Concellería de Formacióntratamos de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía en xeral, pero facendo especial fincapé na zona rural, no que constitúe todo un compromiso do goberno local por ofrecer actividades formativas que o goberno local considera necesarias para que poidan incorporar o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) no seu día a día”.

Natalia Hermida agradeceu a colaboración das entidades veciñais da zona rural donde se imparten as sesións destinadas a estes núcleos, “porque colaboran sempre co Concello para que estes cursos se poidan desenvolver con éxito”.