NOVAS

Un total de 15 moz@s de Narón comenzarán hoxe o Curso de Carnicería

Publicado o 27 de Abril de 2015

A Concellería de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ven a informar do próximo inicio do Curso de Carnicería, ofertado por esta delegación para a mocidade de Narón en situación de desemprego.

A Concellería de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ven a informar do próximo inicio do Curso de Carnicería, ofertado por esta delegación para a mocidade de Narón en situación de desemprego.

Que día comeza o curso? O 27 de abril de 2015.

Que horario será? De 9:00 a 14:00 horas.

Onde? No Centro Municipal de Formación "Irmáns Froilaz" de A Gándara, con prácticas non profesionais en empresas.

Cando serán as clases? De luns a venres, a razón de 5 horas diarias.

Cantas horas se ofrecen en total? Ofreceranse 400 horas de formación teórica e práctica.

Cando finalizará o curso? Prevese finalizar o curso no mes de agosto.

Cantas persoas solicitaron este curso? Foron rexistradas 74 solicitudes para asistir a este curso, algunhas incluso de persoas doutros municipios limítrofes.

Cantas prazas ofertou o Concello? Ofertou 15 prazas e o alumnado foi seleccionado por orde de inscripción.

 

Esta iniciativa forma parte do programa "Mocifor 2015", dirixido a mozos/as desempregados/as do municipio de Narón con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.