NOVAS

Un total de 200 persoas participarán na 1ª Ruta de BTT "Cidade de Narón"

Publicado o 04 de Maio de 2015

O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da 1ª Ruta BTT "Cidade de Narón" que se celebrará o domingo 10 de maio

Cando se celebrará? O 10 de maio.

En que horario? Dende as 9:00 ata as 14:00

Onde comeza e remata a ruta? Ten a saída e a chegada no Pavillón de A Gándara.

Siguen abertas as inscricións? As inscricións están pechadas, foron completadas ás 12 horas de abrirse o prazo.

Cántas persoas participarán? Agárdase a participación de 200 ciclistas, entre eles un grupo de 20 mulleres, procedentes de toda Galicia.

Qué nivel ten a ruta? Esta ruta cicloturista é de nivel medio.

Quén a organiza?

  • Club MTB Escornabois.
  • Club Ciclista Benigym Sport.
  • Asociación Deportiva "Vara e Pedal".
  • Concello de Narón.
  • Padroado de Deportes de Narón.

co patrocinio de:

  1. BMK Narón.
  2. Bikeworks Narón.

A quén irá destinada a recadación deste evento? A Asociación Alba Pérez de lucha contra o cancro infantil.

Cantos kilómetros se percorrerán? Os participantes percorrerán unha distancia total de 45 km.

Pasarán por algún lugar emblemático? Sí, como o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso.

Ó finalizar esta ruta de BTT, os ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara (vestiarios e duchas para o seu aseo persoal, e mangueiras para limpar as bicis). Está prevista a colaboración de 50 voluntarios no operativo, xunto con persoal de Protección Civil e da Policía Local de Narón. A entrega de dorsais realizarase o sábado 9 de maio no CC Odeón, a partires das 10:00 horas.