NOVAS

Un total de 75 persoas inician esta semana as clases de cinco cursos formativos dirixidos a desempregados e impulsados desde o Concello

Publicado o 06 de Abril de 2016

Un total de 75 persoas comezan esta semana as sesión de cinco cursos formativos.

Dos 75 alumnos, 60 realizarán os de Peixería, Electricidade e Conversa en inglés, incluidas no programa formativo municipal Habilita 2016, con 15 alumnos cada un e que rematarán no mes de xuño. Tamén se impulsa desde a área municipal de Formación, que preside a concelleira Natalia Hermida, o curso de Programación e robótica para futuros formadores, con 15 alumnos e que rematará en xuño. Ademais, tal e como dixo a concelleira, o próximo venres, día 8, comezara un curso de Panadería-Bolería –tamén do programa Habilita 2016-, con 15 alumnos que finalizará en xullo.

Os cinco cursos convocados están dirixidos a persoas desempregadas maiores de 18 anos, e serán un total de 1.290 horas de formación teórica e práctica.

En total inscribíronse nestas 357 persoas. No curso de Programación e robótica para futuros formadores fixérono 40 e nos outros catro do programa Habilita 2016 un total de 317, dos que 70 se decantaron por Peixería; 59 por Electricidade; 154 por Panadería e Bolería –convócase por primeira vez e é o único destas características na comarca- e as outras 34 no de Conversa en inglés, tal e como indicou Hermida.

  1. Todas estas accións formativas se imparten nas instalacións do Centro Municipal de Formación da Gándara.  

A concelleira de Formación valorou o éxito deste tipo de cursos, que se convocan periodicamente e nos que se inscriben decenas de persoas da localidade. Natalia Hermida anunciou que a administración local continuará apoiando esta vía formativa a través da concellería que dirixe “para así ofrecer á veciñanza desempregada de Narón a oportunidade de ampliar a súa formación e o seu currículo de cara a mellorar as súas posibilidades á hora de optar a un posto de traballo”.

A área de Formación foi e continuará sendo unha das prioridades do goberno local de Narón, porque somos conscientes das elevadas taxas de desemprego na localidade en particular e na comarca e no país en xeral e continuaremos apostando por poñer todos os recursos que estean ao alcance do Concello para tratar de que as persoas sen traballo adquiran máis formación e, polo tanto, teñan máis posibilidades á hora de acceder a un posto de traballo”.