NOVAS

V Exposición Nacional Canina "Cidade de Narón" e Campionato Agility

Publicado o 05 de Maio de 2015

A Concellería de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou esta semana en rolda de prensa a V Exposición Nacional Canina "Cidade de Narón" especial Primavera, e o Campionato Agility "Club Montegatto" que se celebrará esta fin de semana (9 e 10 de maio) no recinto feiral do Trece (Sedes), organizado pola Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal)

Cando comezará o evento? O sábado 9 de maio ás 17:00 horas.

Con que proba? Coa proba de Agility.

En qua consistirá? Consistirá nun circuíto con obstáculos que os cans deberán superar seguindo a orde establecida polo xuíz. Cada exemplar estará axudado polo seu guía, que decidirá as estratexias a seguir para dirixir ó can a través do percorrido, combinando velocidade e precisión.

Hai diferentes niveis? Básico, de competición e alta competición.

Quen dirixe o campionato? O campionato estará dirixido polo Club Montegatto, quen unha vez finalizado o mesmo, realizará unha exhibición de obediencia, rastro e cans de asistencia para persoas con discapacidade.

Hai algo máis ese día? A continuación celebrarase o Concurso de Mascotas para cans con e sen pedigree.

Existen categorías? Os cans clasificaranse en catro categorías dependendo do seu tamaño (Miss, Mister, Pitufín e King Kong).

Quen pode participar? Este concurso está aberto á participación de tódolos tipos de cans. As inscricións realizaranse o mesmo día do concurso, e o prezo será de 3€ por cada participante.

E o día 10 de maio? Ese día celébrase a V Exposición Nacional Canina "Cidade de Narón" Especial Primavera, con punto obrigatorio do Campionato Autonómico.

Como se desenvolverá o evento

  • De 10-11 horas: entrega da documentación e comezo do control veterinario itinerante.
  • De 11-14 horas: comezo dos xuízos da II Exposición Nacional Canina, con arranxo ós horarios que se establezcan para cada raza. Tódolos exemplares participantes deberán estar expostos no ring media hora antes de ser xulgados.
  • 16:30 horas: inicio das finais.

 

Os exemplares dividiranse nas seguintes categorías: clase campións, clase aberta, clase xoves, clase cachorros, clase moi cachorros, clase parellas e grupo de cría.

Ónde podo conseguir máis información?

  1. Chamando ao número 637 521 932.
  2. Na web www.expogal.es