NOVAS

Á venda as entradas para o espectáculo musical "A nena e o grilo" que terá lugar este domingo no Pazo da Cultura

Publicado o 21 de Abril de 2017

A compañía Urdime Propostas Culturais trae esta finde de semana ao Pazo da Cultua un dos seus espectáculos dirixidos ao público familiar (a partir de 3 anos).

O nome deste musical, que terá lugar o domingo día 23 de Abril ás 18:00 horas, é "A nena e o grilo". As entradas xa están á venda e poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es). 

O prezo para o público en xeral é de 9,50 euros, para os abonados e desempregados é de 6,65 euros  e para os menores de 14 anos é de 5,50 euros.

Neste espectáculo, dunha hora de duración, combínanse varios estilos musicais, como pop, rock, música do autor e folk, entre outros. A amizade entre unha nena e un grilo é o fio conductor deste musical. Os dous protagonistas descubrirán xuntos numerosas emocións que reivindicarán o dereito de todos e todas a ser felices.

No directo actuarán Magín Blanco - voz e guitarra - e María Faltrí - voz e percusión -. se ben forman parte deste espectáculo Jorge Juncal - piano e acordeón -; Xoán Curiel - actor, guitarra e voz- Charo Pita - actriz, voz e dramaturxia -.