NOVAS

VI Certame Música Xove´13

Publicado o 14 de Outubro de 2013

Cant@s artistas musicais andan por Narón? Estade atent@s!

A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convocou a VI edición de Música Xove´13, que ten a intención de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da xuventude.

Dende o 2008 existe este certame que está aberto non só as bandas e solistas da cidade de Compostela, senón que pode participar calquera que desenvolva a súa actividade en Galicia.

Queredes participar? Estas son algunhas das normas:

  • A media de idade das persoas da banda ou solistas ten que ser de 35 anos ou menos
  • Tedes ata o 8 de novembro para solicitar a inscrición.
  • As solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago en persoa ou por correo.
  • Os/as participantes non poderán ter ningún disco editado, maqueta ou produto similar con selos discográficos ou productoras

 

Que podedes acadar? Hai 3 premios:

  • Primer premio ao mellor grupo de 1800 €
  • Segundo premio de 800 €
  • Premio Especial do Xurado de 400 €

 

Ademais vaise editar un disco coa participación dos catro finalistas desta edición, os dous primeiros grabarán 4 temas cada un, e os dous seguintes 2 temas.

Se queredes información adicional podedes pedila aquí

 

Deixamos para descarga a folla de inscrición e a normativa completa.
 

   
Documento Tamaño
MUSICAXOVE'13 boletín de inscrición E ANEXOS.pdf 245.94 KB
cuadripticoactividades2013_14_pq-1.jpg 1.72 MB
cuadripticoactividades2013_14_pq-2.jpg 601.73 KB