NOVAS

VI Torneo Internacional "Cidade de Narón" de fútbol alevín

Publicado o 02 de Maio de 2013

Vaise celebrar a sexta edición do Torneo "Cidade de Narón" de fútbol alevín, e por terceiro ano consecutivo, este campionato acada a categoría de internacional, guau!

Este VI Torneo Internacional "Cidade de Narón" de fútbol alevín,  está organizado polo club Narón Balompé Piñeiros en colaboración coas Concellerías de Deportes e Turismo. Dende o concello seguen apoiando as iniciativas dos nosos clubes!

Cando se vai disputar? Temos tempo para organizarnos, a competición desenvolverase a mediados de xuño no campo municipal de Río Seco.Vai estar dividida en dúas fases:

  1. Haberá unha fase previa, a novidade deste ano, que se vai celebrar o 19 de Maio entre as 09:00 e 19:30 horas, no campo de fútbol do Cadaval (Piñeiros). Nesta fase 16 equipos van loitar por unha praza na fase final. O campión representará a Ferrolterra na final do día 19. A esta fase van acudir, entre outros: o Montañeros de A Coruña, Galicia de Caranza, As Pontes, Portuarios e o Narón Balompé Piñeiros. A entrada para esta fase previa será de balde.
  2. A fase final xogarase o 14 e o 15 de xuño, contando con equipos de moito renome: o FC Oporto, o Atlético de Madrid, o Depor... A entrada nesta ocasión non será de balde, pero serán prezos populares.

 

Para os xogadores haberá premios colectivos, individuais e específicos.

Organizar un torneo deste tipo é moi difícil, moi complexo e máis coa actual creise económica. A Concelleira de Deportes desexou que sexamos capaces de consolidalo, entre o club organizador e o Concello, porque é un torneo de referencia en Galicia”, asegurou Natalia Hermida.

Dameuntoke vai estar alí berrando e animando, e vos?