NOVAS

VIII Mostra da Camelia ‘Cidade de Narón’

Publicado o 21 de Marzo de 2012

O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, e o secretario da asociación, Enrique Gómez. A principal novidade desta edición é o aumento da participación de asociacións de veciños, que nesta ocasión fíxase en 6 entidades (AVV Virxe de Fátima, AVV Virxe do Mar, AVV Areosa, Fundación Terra de Trasancos, AVV San Xiao, e AVV O Couto).

O Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón” acollerá os días 24 e 25 de marzo a VIII Mostra da Camelia e o 4º Concurso de Flor de Camelia ‘Cidade de Narón’ no que participarán un total de 34 expositores procedentes de toda Galicia, que colocarán os seus exemplares de camelias nos 70 m2 habilitados para a mostra..

O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, e o secretario da asociación, Enrique Gómez. A principal novidade desta edición é o aumento da participación de asociacións de veciños, que nesta ocasión fíxase en 6 entidades (AVV Virxe de Fátima, AVV Virxe do Mar, AVV Areosa, Fundación Terra de Trasancos, AVV San Xiao, e AVV O Couto).

Entre os participantes no 4º Concurso de Flor de Camelia estarán os gañadores dos dous últimos premios “Camelia de Oro”, un galardón otorgado pola Sociedade Española da Camelia. Nesta ocasión, o xurado otorgará un total de sete premios, correspondentes ás seguintes categorías:

  • Mellor camelia japónica
  • Mellor camelia reticulata.
  • Mellor especie de camelia.
  • Mellor híbrido de camelia.
  • Mellor flor miniatura.
  • Mellor cultivador-expositor.
  • Mellor composición artística colectiva.

Á hora de valorar as camelias, o xurado terá en conta a homoxeneidade, o tamaño, a cor, o estado de apertura, e a súa colocación.

O programa da Mostra da Camelia é o seguinte:

Sábado 24 de marzo
10:00 horas: Apertura e montaxe da Mostra
13:00 horas:Inicio da calificación dos lotes dos concursantes.
17:00 horas: Inauguración oficial da Mostra e apertura ó público. Acto de entrega de premios.
22:00 horas: Peche da mostra.

Domingo 25 de  marzo
10:00 horas: Apertura da mostra.
20:00 horas: Clausura e desmontaxe da mostra.