NOVAS

XIV Campionato de Pesca no Coto do Río Xuvia

Publicado o 09 de Maio de 2014

Evento para amantes da pesca deportiva!

A Sociedade de Pesca Deportiva Río Xuvia organizará o sábado 10 de maio o XIV Campionato de Pesca no Coto do Río Xuvia, no tramo comprendido entre a ponte de Xuvia e a ponte de Doso.

Este campionato conta coa colaboración do Concello de Narón, e ata o momento hai 24 participantes inscritos, que competirán nunha única categoría. Pódese pescar en tódalas modalidades posibles: mosca, cebo vivo, cucharilla e peixe artificial.

A Sociedade de Pesca Deportiva Río Xuvia nomeará dous comisarios, que se encargarán de facer o pesaxe e a medición das capturas (fixada en 21 centímetros para a troita e 35 centímetros para o reo). As normas do campionato se rexerán polas establecidas pola Federación Galega de Pesca Fluvial.

O horario de pesaxe das capturas quedará fixado entre as 13 e as 14 horas, quedando eliminado o participante que se presente máis tarde. Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados, e un trofeo para quen capture a peza máis grande.

A entrega de trofeos levarase a cabo durante a comida de confraternidade que se celebrará no Bar Anacos (Freixeiro) para participantes e acompañantes.