NOVAS

Xornadas de Apicultura

Publicado o 07 de Xullo de 2011

A Concelleria de Medio Ambiente no marco do programa de sustentabilidade organiza unas xornadas técnicas que se abrirán hoxe día 7 de xullo nunha nova acción formativa no ámbito da apicultura, polinización pesticidas e medidas preventivas para protexer ás abellas,  verdadeira peza clave da bioversidade

 

A Concelleria de Medio Ambiente no marco do programa de sustentabilidade organiza unas xornadas técnicas que se abrirán hoxe día 7 de xullo nunha nova acción formativa no ámbito da apicultura, polinización pesticidas e medidas preventivas para protexer ás abellas,  verdadeira peza clave da bioversidade

Xoves, 7 de Xullo, 19:00 horas.- "Situación actual da apicultura europea, despoboamento e pesticidas ".
Relator – Xesús Asorey Martínez.
Biólogo, secretario técnico de AGA e Director “Da Casa das Abellas” de Abegondo.
Autor do libro editado recentemente “Da flor a mesa”. Presentación da obra.
Contido:
• Efectos dos neurotoxicos nos polinizadores, particularmente nas abellas.
- Situación actual dos neurotóxicos en Europa.
- Movimentos en Europa en defensa das abellas e do medio ambiente.
• Presentación do libro “Da flor a mesa”.

Venres, 5 de febreiro, 19:00 horas.- “Medidas preventivas contra as doenzas das abellas (profilaxe)”.
Por - Gonzalo Calvo Díaz.
Veterinario, especializado nas doenzas das abellas.
Contido:
• Mellor previr que curar. Prevención das enfermidades das abellas. O control de estas enfermidades sole ser máis importante que os tratamentos, o manexo das colmeas e o seu control periódico que realiza o pastor de abellas, evitando que se xenere unha situación (causas predispoñentes) que favoreza o ataque dos organismos patóxenos, ou a dispersión de enfermidades que poideran producir a morte da colonia.
 
• Especial relevancia da varroa e da loque. Loita alternativa de combatilas.
. Vespa velutina.

 

Actividade realizada mediante o convenio de colaboración existente entre o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura “AGA”.

 

<!--[if !mso]>

<![endif]--><!--[if gte mso 9]> 800x600 <![endif]--><!--[if gte mso 9]> Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 <![endif]--><!--[if gte mso 9]> <![endif]--><!--[if gte mso 10]>

<![endif]-->