NOVAS

XX Trofeo de Balonmán "Cidade de Narón"

Publicado o 14 de Maio de 2013

Iajuuuuuuuuuuú! Máis deporte!! Moi ben!! Encántanos!!

 

O domingo xa o temos ocupado co Depornarúa 2013 (http://www.dameuntoke.es/novas/depornarua-2013) e agora, para este venres 17 de maio, temos outra proposta deportiva para asistir como espectadores: XX Trofeo de Balonmán "Cidade de Narón".

Este trofeo está organizado polo Club Balonmán Narón (www.balonmanonaron.com), en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

A competición vai ter lugar no Pavillón de A Gándara e desenvolverase en dúas categorías, infantil masculina e senior feminina. Os dous partidos son ás 10:30 horas, o infantil masculino:

B.M Narón - B.M. Xiria

 

E ás 12:00 horas, o senior feminino:

B.M. Narón - B.M. Xiria

Lembrade que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas e como tal é festivo, así que non tedes excusa para non ir ver balonmán!! Vémonos no Pavillón da Gándara!!