Programas de medioambiente no Concello de Narón
- Programa de Educación ambiental e divulgación etnográfica "Corredoira Verde"
Rutas de educación medioambiental realizadas por todo o territorio galego. Ademais de camiñar e coñecer novos paraxes, recibirás asesoramento por parte de profesionais sobre patrimonio natural e arquitectónico, consellos medio ambientais, etc.
As rutas soen empezar a finais de abril e realízanse durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro. As saídas son todos os sábados.
- Programa de educación para a sustentabilidade
Proposta de accións integradas e coordinadas da educación ambiental sobre o Río Xuvia como Espazo Natural Protexido. Achega de ideas e propostas de actuación conxunta dos concellos da traza fluvial do Río Xuvia para desenvolver con financiamento do programa LEADER do GAL do Golfo Ártabro.
- Apicultura e saúde: Produtos de colmea e alimentación saudable: xornadas de apicultura e saúde que inclúe: charlas, conferencias divulgativas, exposicións, obradoiros, etc.
- Programa de Concello Saudable "Consanar 09": accións que abarcan distintos niveis de intervención médica, fisico-deportiva, nutricional e socioeducativo dirixido a distintos grupos de poboación.
- Programa educacional "Alisana" de ecoloxía e alimentación sá
- Feira do mel e dos produtos ecolóxicos: Dentro do programa de educación ambiental relacionado coa nutrición e fomento dunha agricultura e apicultura sustentable, realízase este encontro de produtos na Feira Municipal do Trece. A data na que soe realizarse este encontro é no mes de outubro.
- P.T.I.D.R ALDEA NOVA
Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural sito en Sedes (Narón) que conta con : cortes de gado autóctono, casa tradicional, bosque autóctono, estación solar, campa das enerxías,hortas ecolóxicas, apiario, invernadoiro, eira museo, albergue, estación de rutas, etc.
O parque permanece aberto todos os días do ano e pode visitarse.
Máis información
www.aldeanova.es e o correo electrónico: aldeanota@aldeanova.es. Os teléfonos de contacto: 981102592 e o 666407612.
- Área recreativa e medioambiental do Muíño Chao (Pedroso)
Área recreativa situada en Pedroso (Narón) con zona de acampada, merendeiro, bungalows, aparcadoiro e muíño reconstruído e en funcionamento.
Realízanse visitas guiadas e obradoiros didácticos como o "ciclo do pan".
Máis información
Concello de Narón. Servizo Sociocomunitario Municipal. Teléfono: 98133770