SAÚDE

Actividade física

O exercicio é un complemento esencial da dieta saudable para promover a saúde. De feito, unha das causas da obesidade é o sedentarismo. Se unha alimentación xa de seu excesiva en calorías, non vai acompañada dun exercicio físico que axude a consumilas, transformarase en graxas que provocarán sobrepeso e problemas de saúde.

Organización Mundial da Saúde (OMS) fai fincapé en que a alimentación e a actividade física inflúen na saúde xa sexa de xeito combinado, ou cada unha por separado. Así mesmo recomenda que se practique exercicio de forma regular e a calquera idade, porque nunca é tarde para empezar a facer actividade física.

É importante que cada un elixa aquela actividade que máis se poida adaptar ás súas preferencias e características individuais, aínda que un consello de carácter xeral podería ser realizar 30 minutos de exercicio moderado, como camiñar a paso lixeiro todos e cada un dos días da semana.

Na seguinte ligazón encontrarás información da oferta deportiva do Padroado de deportes do Concello de Narón.

Na web da Dirección xeral de Xuventude tamén poderás encontrar información de interese e actividades deportivas.