VIVENDA

Renda de emancipación

As mozas e mozos de entre 22 e 30 anos poden recibir:

  • 210 euros mensuais para o pago do arrendamento da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos.
  • Aforrar 2.520 euros ao ano de arrendamento, e en total 10.080 durante os catro anos que dura a prestación.
  • 600 euros de préstamo que se pode utilizar para a fianza.
  • Ao finalizar o contrato de arrendamento ou cando deixes de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade.
  • Se se necesita, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Con isto cobres boa parte dos custos necesarios habitualmente para iniciar un contrato de arrendamento. En total, aforrarás no primeiro mes ata 930 euros, sumando 600 do préstamo que che pode axudar para o depósito, 120 euros do custo habitual dun aval e 210 euros da primeira mensualidade.

As condicións son as seguintes:

  • Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 € brutos anuais.
  • Non superar os 1.500 € netos mensuais.
  • Acreditar unha vida laboral de polo menos 6 meses de antiguidade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de polo menos 6 meses contados dende o día da súa solicitude.
  • Ser titular do contrato de aluguer, que debe estar ao teu nome ou ser un dos asinantes.

As e os estranxeiros non comunitarios deben contar coa residencia legal permanente no estado español. As mozas e mozos poderán solicitar as axudas en tanto busquen piso e disporán dun prazo de 3 meses, dende que se lles recoñeza o dereito provisional á prestación, para presentar o contrato de aluguer.