Poden beneficiarse desta liña de axudas todas as persoas sen límite de idade cuxos ingresos ponderados non superen os 15.000 euros anuais. O obxectivo é que ningún inquilino destine máis do 30% dos seus ingresos a pagar o aluguer, o resto é subvencionado pola administración cunha axuda que pode chegar ata o 80% do custeo total do aluguer. O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.
O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.
Inquilinos que desexen acceder a esta liña de axudas e os propietarios que opten por alugar a vivenda a través deste programa deben dirixirse ás oficinas da Consellería de Vivenda e Solo nas sete grandes cidades, nos seguintes enderezos:
- A Coruña: Rúa Rianxo, 23 baixo
- Ferrol: Rúa Magdalena, 48, baixo
- Lugo: Praza da Universidade, 8 baixo
- Ourense: Rúa Valente do Casar, 2, baixo
- Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo
- Vigo: Rúa Gran Vía, 160, baixo
- Santiago de Compostela: Área Central s/n primeiro piso, local 32 A