Red Eures
Se estás considerando a posibilidade de iniciar a túa carreira en Europa, podes empezar informándote da oferta de emprego procedente de países da Unión Europea no Servizo Público de Emprego, a través da Red EURES.
EURES é unha iniciativa da Unión Europea que nace co obxecto de axudar á cidadanía da UE, os países da AELC (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e Suiza a atopar traballo no estranxeiro durante todo o ano, á vez que pon á túa disposición unha rede de máis de 700 conselleiros. O acceso e a utilización da rede EURES son gratuítos para as traballadoras e traballadores e as e os empresarios.
Contacta con eles a través da Oficina de Coordinación na provincia da Coruña. Praza Rafael Dieste s/n. 15009 A Coruña. 981 294 533
Au Pair
Au pair é unha forma de traballo no estranxeiro que se realiza convivindo cunha familia. A cambio do coidado dos nenos e de axudar nas tarefas domésticas, ofrécese aloxamento, mantemento e unha pequena remuneración.
A estancia au pair adoita ser entre 6 meses e un ano, e a xornada laboral adoita ser, como máximo de 5 horas diarias. O resto do tempo, a familia ten que recoñecerche o dereito do teu tempo libre para asistir a clases de idioma ou a outras actividades. Normalmente, terás dereito a un día libre, como mínimo, á semana.
As características do traballo de au pair poden variar en función do país elixido, pero de forma xeral, son as seguintes:
- Idade entre 18 e 30 años. Por exemplo, en Gran Bretaña, a idade máxima é de 27 anos
- Coñecemento mínimo do idioma do país de destino
- Valórase ter o permiso de conducir
- Normalmente, as familias prefiren mozas, aínda que nalgúns países tamén aceptan mozos
Webs de interese
Portais web que ofertan traballos de verán no estranxeiro
http://www.studentjob.es Traballos de verán en España e no extranxeiro.
http: www.jobmonkey.com Portal de traballo no extranxeiro: temporal, de verán,...
http://naceweb.org Portal que contén bases de datos cos traballos para graduados e estudantes en Estados Unidos. Tamén prácticas.
En castelán http: www.summerjobs.com Portal especializado en traballos de verán no territorio estadounidense e tamén para outras partes do mundo.