PARA AS/OS AMANTES DO CAMPISMO
Existe o Carné Internacional de Cámping (CCI) que é un documento de identidade para a persoa que acampa. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de danos a terceiros.
Podes obter descontos en material de acampada, deportes, parques de atraccións, museos... Nalgúns países é obrigatorio.
Podes facelo na provincia da Coruña no seguinte enderezo:
Cámping Caravaning Club Galicia - A Coruña
R/ Alcaldesa Berta Tapia, 7 baixo.
15010, A Coruña
Tel.: 981 141 078
Horario: os xoves de 20:00 a 22:00 h.
Máis información:
- www.guiacampingfecc.com
- www.acampamos.com
- www.infocamping.com
- www.ccc.devigo.net
- www.campingsonline.com
- www.vayacamping.net
- www.campings.net
RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE
Instalacións da Xunta de Galicia que permiten estancias temporais de familias ou grupos a prezos alcanzables.
Enderezos:
Residencia de tempo libre do Carballiño
Zona do Parque, s/n
32500, O Carballiño (Ourense)
Tel.: 988 788 111. Correo electrónico: carballino@xunta.es
Residencia de tempo libre de Panxón
R/ Cansadoura, 2
36340, Panxón, Nigrán (Pontevedra)
Tel.: 986 368 233. Correo electrónico: rtlpanxon@xunta.es
VIAXES UNIÓN EUROPEA
No portal oficial da Unión Europea podes atopar información de utilidade para aquelas persoas que viaxen a calquera dos países da UE. Tanto se a viaxe é de vacacións ou de negocios, a web ofrece consellos prácticos e suxestións útiles sobre varias cuestións de interese.
- Consulta a información: https://europa.eu/european-union/life/travel-tourism_es
REFUXIOS NA MONTAÑA
Se o que che gusta é perderte na montaña, en Galicia existen diferentes albergues que seguro que che daran darán aloxamento.
- Podes consultar os refuxios de montaña existentes en Galicia na web da Federación Galega de Montañismo: http://fgmontanismo.es/refuxios/
ESCOLAS DE TEMPO LIBRE
Son escolas que están repartidas ao longo das catro provincias galegas e que pertencen á Xunta, nelas poderás obter o título homologado de monitor de actividades de tempo libre, director de actividades de tempo libre e director de campos de traballo.
- Na seguinte ligazón poderás descargar as da provincia da Coruña (arquivo adxunto escolas de tempo libre da provincia da Coruña)
ALBERGUISMO
Os albergues son outra opción sa na que ocupar o teu tempo de ocio. Existen gran cantidade de albergues ao longo do territorio estatal e poderás ter opción a aloxamento sempre e cando posúas o carné de alberguista que pode ser de distintos tipos:
- Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 euros
- Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 euros
- Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 euros
- Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 euros
Este carné pódelo facer nas oficinas locais de mocidade como na:
Oficina Local de Ferrol - Edifico Administrativo da Xunta
Praza Camilo José Cela, 1º - 15403 (Ferrol)
Tel.: 981337290 - Fax: 981337013
Horario de 9 a 14 h.
Máis información
- Rede española de Albergues Xuvenís
- Albergue Clube Ancares: Albergue situado en Campo de Fieiro, Degrada, Cervantes. Ofrece habitacións con baño e liteiras así como comidas caseira. Teléfono de contacto: 982181113. Web: http://albergueancares.com/
- Rede Internacional de Albergues Xuvenís
UTILIZA O TREN
Se o que che gustan son as viaxes panorámicas en tren que mellor que o INTER RAÍL, un billete que che vai a permitir viaxar por toda Europa a un prezo alcanzable. Hai diferentes modalidades e diferentes prezos dependendo da idade que tes cando saes do punto de destino.
Como é un billete de tren, pódese comprar en calquera despacho de billetes de Renfe, en moitas axencias de viaxe ou a través de internet.
Os itinerarios que podes elixir son flexibles e os custos dependerán da zona que queiramos visitar.
Os países que compoñen a oferta global son: Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Austria, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Finlandia, Grecia, Irlanda, Estado Español, Suíza, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Portugal, Romanía, Bulgaria, República Checa, Macedonia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, Turquía e Bosnia).
- Máis información en https://www.interrail.eu/es
MÓVETE EN BUS
A compañía FLIXBUS conta coa rede de autobuses máis grande de Europa e que conecta múltiples cidades europeas a prezos económicos. Desde Galicia, por exemplo, opera rutas desde Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo ata Oporto, París, Burdeos e Baiona.
- Máis información: https://www.flixbus.es/