OCIO

Recursos autonómicos

A Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude organiza moitas actividades que poden ser do teu interese, infórmate na web www.xuventude.net ou nunha oficina municipal de información xuvenil do teu concello (Concello de Narón. Praza de Galicia, nº 1. Narón).

Para máis información: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia (Praza do Matadoiro S/N. Santiago de Compostela).Teléfonos:981583900/97.

En Galicia tamén existe o CONXUGA (Consello da Xuventude de Galicia) entidade institucional composta por 22 asociacións xuvenís creada co obxectivo de artellar unha política global para a mocidade.

Podes informarte das súas actividades na seguinte web http://www.cxg.org/ ou no seu enderezo e teléfono: Edificio Área Central - Polígono de Fontiñas Local, L32 I-J-K 15703. Santiago de Compostela Teléfono: 981 569 560, email: info@cxg.org