A nivel estatal poderás atopar información de actividades e servizos para a xuventude no:
Instituto de la Juventud (INJUVE), organismo público adscrito ao Ministerio de Igualdade. Ou no seguinte enderezo e teléfono: - R/ José Ortega y Gasset, 71. 28006, Madrid. Teléfono: 91 363 77 00 - R/ Marqués de Riscal, 16. 28010 Madrid. Teléfono: 91 363 78 56.
Tamén encontrarás información interesante no Consejo de la Juventud de España, unha plataforma de entidades xuvenís formada polos consellos de xuventude das comunidades autónomas e organizacións xuvenís de ámbito estatal. Traballa por conseguir unha plataforma plural que fomente a reflexión e o intercambio de ideas e experiencias entre as diferentes asociacións xuvenís do Estado, así como poder trasladar as propostas, reivindicacións e denuncias que xurdan no seo do Consejo de la Juventud de España á administración, axentes sociais e aos medios de comunicación.
Todo isto encamiñado a dar resposta aos problemas, inquietudes e aspiracións da xuventude e a mellorar a súa calidade de vida.
Máis información aquí