BENVID@S

Casa da Mocidade

Casa da Mocidade de Narón é un edificio de dúas prantas cunha superficie de arredor de 1000 m2 dotada de zona de servizos deportivos (pista polideportiva), sá-auditorio,  sá de novas tecnoloxías, biblioteca, obradoiros, aulas de servizos múltiples e skatepark exterior.

Os obxectivos son abrir servizos á mocidade, fornecer un lugar de xuntanza, un espazo de referencia aberto e polivalente para toda a veciñanza nova de Narón. As actividades que se realizan están dirixidas á mocidade con diferentes actividades esfocadas a un público ata os 35 anos.

A Casa da Mocidade atópase no Camiño do Colmeote, s/n. A Gándara e ten un horario de apertura de 17:00 a 19:00 horas (e outras horas en función das actividades).

Neste centro o Concello de Narón aporta recursos materiais como instalacións e equipamentos, diverso material para realizar actividades; así como, recursos humanos con técnicos e monitores de actividades e un equipo multiprofesional.

No ano 2017, o Concello de Narón asinou un convenio con dúas entidades naronesas que se encargan de dinamizar a Casa da Mocidade, a través de actividades dirixidas na súa maior parte ao público xuvenil.

Anímate a participar e ponte en contacto con elas por email ou na súa web: