Sexualidade
Qué é?
Un obradorio de educación afectivo-sexual, nos centros educativos, integrado como materia transversal ó curriculum escolar, para contemplar a formación en saúde sexual e reproductiva, como parte do desenvolvemento integral da personalidade e da formación en valores, que contribúa a : una visión da sexualidade en termos de igualdade e corresponsabilidade, a aceptación da diversidade sexual, aprevención de enfermedades de transmisión sexual e de embarazos non desexados, etc.
Para quén?
Para nenos dos centros educativos de Narón, da ESO e do bacharelato, e de xeito experimental, en 6º de primaria.
Qué se fai?
Meidante a utilización de distintas técnicas de dinámicas de grupos, buzón, xogo de roles, etc, trabállase a reflexión debate e adestramento en técnicas de comunicación e información para aportar aos rapaces una visión adaptada ós seus intereses do concepto “saúde global”. Deste xeito, preténdese sobre todo: a análise dos conceptos de saúde global (física e química) e sexualidade, a reflexión sobre as distorsións da información no tema da sexualidade, o coñecemento dos distintos métodos de control da natalidade, o coñecemento das enfermidades de transmisión sexual, e o recoñecemento das presións de grupos. Ademáis, se mostrarán os recursos informativos municipais, autonómicos e estatais á disposición da mocidade.
Onde e cando?
Este obradoiro lévase a cabo nos centros de ensino de Narón, durante os meses de abril e maio, en horario lectivo e cunha duración de 5 sesións de 50 minutos.
Drogas e prevención
Qué é?
Un obradoiro no que se aborda o fenómeno das drogodependencias dende una reflexión co adolescente en relación aos coñecementos e actitudes previos que posúe sobre o tema “droga”. Realízase un tratamento obxectivo da información, analizando os diferentes factores persoais e ambientais que inciden no consumo, procurando equipar ao alumnado dos recursos necesarios para ter una actitude crítica e responsable ante o consumo.
Para quén?
Para nenos dos centros educativos de Narón, da ESO, do bacharelato, ciclos formativos e, de xeito experimental, en 6º de primaria.
Qué se fai?
A través de dinámicas de grupo, debates, simulacións e sesións prácticas búscase mellorar a información do alumnado sobre o fenómeno das drogodependencias e as súas consecuencias para a saúde, desenvolver capacidades e recursos para tomar decisións saúdables e críticas, e prover á mocidade a información suficiente para dispor dun mellor coñecemento dos recursos comunitarios en concepto de prevención, tratamento e reinserción.
Onde e cando?
Este obradoiro lévase a cabo nos centros de ensino de Narón, durante os meses de abril e maio, en horario lectivo e cunha duración de 5 sesións de 50 minutos.
MAIS INFORMACIÓN: Na oficina de información xuvenil, O.M.I.X de Narón:
981 337700, ext 1103; correo: omix@naron.es