Qué é?
As Kedadas de Mocidade son una serie de encontros interasociativos ou de grupos específicos de mozos e mozas, para realizar nun espazo común (polideportivo, praza pública, ou instalación municipal), e por un tempo dun día mínimo e un máximo de dous días, diversas actividades de ocupación creativa.
Así, por exemplo, realízanse kedadas de :
Graffitti: exhibicións e obradoiros de graffitis para pintar lugares previamente acordados cunha temática determiñada, etc.
Confección de camisetas: Obradoiro para aprender a decorar camisetas mediante plantillas, serigradfiados, debuxos, etc
Musicais: actuación de grupos novos que formar parte das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna.
Sexualidade: obradoiros de educación afectivo sexual nos distintos barrios de Narón
Patinaxe: concentraccións de patinadores/as en przas públicas, skatepark de Narón, etx
Para quén?
Están destinadas á mocidade de entre 14 e 30 anos, estimando xuntar ao redor de 100 mozos e mozas en cada kedada.
Que se fai?
A través das diversas kedadas (graffitti, camisetas, sexualidade, etc.), lógrase:
- Promover o intercambio de ideas e actividades entre a mocidade.
- Fomentar a interrelación e a divulgación das súas actividades.
- Socializar e transversalizar con outras xeracións.
- Consolidar espazos públicos de encontró para favorecer encontros menos formais.
- Crear un tecido de acción e recursos para favorecer a externalización de actividades.
- Variar e diversificar as acción para dar cabida a tódalas sensibilidades e tendencias da mocidade.
Onde e cando?
Nos diferentes barrios e parroquias rurais de narón. Poden ter lugar en calquera época do ano sendo máis frecuentes nos meses do verán.
Máis información na O.M.I.X de Narón: 981 337700, ext 1103;
correo: omix@naron.es