Que é?
Un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra, a batería e o baixo dunha maneira diferente, práctica e participativa.
A Escola de Música Moderna do Concello de Narón, xurdiu no ano 2.003 ante a necesidade que tiña Narón de contar cunha escola na que mozos/ as de Narón poideran aprender a tocar a guitarra e a batería dunha maneira nova, intentando fuxir do formato clásico e academicista de ensinanza; posteriormente súmase un novo instrumento: o baixo.
Ao mesmo tempo, ante a existencia de numerosos grupos musicais que tiñan a necesidade de contar cun local onde poder ensaiar, decídese poñer á disposición destes grupos, unha aula con asesoramento musical na que poder ensaiar durante a semana.
Para quén?
Para os mozos e mozas empadroados/as en Narón, cunha idade comprendida entre os
12 e os 26 anos.
Qué se fai?
Dende a escola de música moderna promóvese a formación técnico musical da xente nova de Narón, e promóvese a música realizada por grupos novos, dándolles a oportunidade de amosar a súa exoresión musical en actuacións en centros cívico sociais, prazas públicas, etc.
Onde e cando?
Nun local anexo a Casa da Mocidade, no Camiño do Colmeote, s/n. A Gándara.
Os horarios deste curso 2009-2010 para a oferta formativa, son os seguintes:
- Para as clases de guitarra: os luns de 17:00 a 19:00 h. ou os xoves de 17:00 a 19:00 h.
- Para as de batería: os mércores de 16:30 a 18:30 ou de 18:30 a 20:30 h.
- E para as de baixo: os martes de 18:30 a 20:30 horas.
As aulas de ensaio para grupos terían dispoñibilidade de martes a sábados en horario de tarde.
Para inscribirte, debes dirixirte á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na 1ª pranta do Concello e cumplimentar o impreso de solicitude. Máis información na O.M.I.X de Narón: 981 337700, ext 1103; correo: omix@naron.es