ESTRUTURA DO SISTEMA EDUCATIVO
- Educación básica: comprende a educación primaria e a educación secundaria obrigatoria.
- Educación secundaria: divídese en educación secundaria obrigatoria e educación postobrigatoria.
- A Educación Secundaria Postobrigatoria: está conformada polo bacharelato, a formación profesional de grao medio, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio e as ensinanzas deportivas de grao medio.
- A Educación Superior: está conformada pola ensinanza universitaria, as ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional de grao superior, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e as ensinanzas deportivas de grao superior.
- As Ensinanzas de Réxime xeral: están constituídas polas ensinanzas de idiomas, as artísticas e as deportivas
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a Educación Básica (Educación Primaria e ESO). A súa duración é de catro cursos académicos (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. O alumnado poderá repetir, como máximo, dúas veces ao longo de toda a etapa. A repetición nun mesmo curso só poderá realizarse unha vez e, excepcionalmente, dúas en 4º curso, se non se repetiu nos cursos anteriores da etapa.
Quen ao rematar a ESO, acadase as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterán o título de Graduada ou Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Este título permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño, ás ensinanzas deportivas de grao medio e ao mundo laboral.
BACHARELATO
O Bacharelato é a última etapa da Educación Secundaria, ten carácter voluntario e a súa duración é de 2 cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos. Ten diferentes modalidades que permiten unha preparación especializada das alumnas e alumnos, mediante a elección de distintos itinerarios dentro de cada modalidade, para a súa incorporación a estudos superiores ou á vida activa.
O bacharelato estrutúrase en tres modalidades:
- Artes
- Ciencias e tecnoloxía
- Humanidades e ciencias sociaisPara obter o título de Bacharelato será necesaria a avaliación positiva en todas as materias da modalidade cursada. O título de Bacharelato facultará para acceder á formación profesional de grao superior e aos estudos universitarios. Neste último caso será necesaria a superación dunha Proba de Acceso (selectividade), que, xunto ás cualificacións obtidas no Bacharelato, valorará, a madureza académica das alumnas e alumnos e os coñecementos adquiridos nel. Así mesmo, facultará para acceder a graos e estudos superiores de ensinanzas artísticas, tras a superación da correspondente proba.
Requisitos de acceso:
- Ter as titulacións: de graduada/o en ESO ou de técnica/o (tras cursar un ciclo de formación profesional de grao medio (CM))
- Estar en posesión da titulación de técnica/o en artes plásticas e deseño (CM artístico) na modalidade de Artes.
- O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de 4 anos, consecutivos ou non.
- O título de Bacharelato facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior.
FORMACIÓN PROFESIONAL
Comprende o conxunto de ensinanzas que, dentro do sistema educativo capacitan para o desempeño cualificado das distintas profesións.
Os ciclos formativos están referidos ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de 2 cursos académicos. Tanto os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo, FCT, que pode durar entre 3 e 6 meses.Co título de TÉCNICO podes acceder ao 1º curso de Bacharelato e co título de TÉCNICO SUPERIOR podes acceder directamente, sen proba de acceso, a determinadas ensinanzas universitarias relacionadas cos estudos de formación cursados.
OUTRAS WEBS DE INTERÉS
- Servizo Municipal de Educación
- Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
- CiUG: Comisión interuniversitaria de Galicia
- Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/TITULACIÓNS CLÁSICAS
Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico: son estudos 1º ciclo. Teñen unha duración de 3 cursos académicos e unha carga lectiva non inferior a 180 créditos.
Licenciado, enxeñeiro ou arquitecto: nestes estudos, unha vez superado o primeiro ciclo, realízase un segundo ciclo, ao que se pode acceder directamente ou mediante a realización de determinados complementos de formación.
Este sistema de enlace duns ciclos con outros é o que se coñece por PASARELAS. A duración do 2º ciclo será de 2 cursos (salvo excepcións), e a súa carga lectiva non pode ser inferior a 120 créditos.
Doutor: para acceder aos estudos de doutoramento é necesario posuír o título de licenciada/o, arquitecta/o ou enxeñeira/o. Os alumnos de doctoramento deben realizar unha serie de cursos durante dous anos académicos, cun mínimo de 32 créditos (320 horas) e presentar e obter a aprobación da tese doctoral, que consiste nun traballo orixinal de investigación sobre unha materia relacionada co campo científico, técnico ou artístico propio do programa de doutoramento realizado.
TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)
O Espazo Europeo de Educación Superior é un proxecto, impulsado pola Unión Europea, que pretende facer converxer todos os sistemas universitarios europeos, de maneira que teñan unha estrutura homoxénea de titulacións e formación continua facilmente entendible por todos os estados membros. E todo isto afecta ás anteriores titulacións que pasarán a ser:
Graduado: os ensinos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional. Estes ensinos concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao.
Máster: os ensinos de máster teñen como finalidade a adquisición dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben a promover a iniciación en tarefas investigadoras. Estes ensinos concluirían coa elaboración e defensa pública dun traballo de fin de máster.
Doutor: os ensinos de doutoramento teñen como finalidade a formación avanzada do estudante nas técnicas de investigación, poderán incorporar cursos, seminarios ou outras actividades orientadas á formación investigadora e incluirá a elaboración e presentación da correspondente tese doutoral, consistente nun traballo orixinal de investigación.
Para obter o título de doutor ou doutora é necesario superar un período de formación e un período de investigación. O conxunto organizado de todas as actividades formativas e de investigación conducentes á obtención do título denomínase Programa de doctoramento.
ACCESO Á UNIVERSIDADE
Para solicitar o ingreso nos estudos universitarios débese estar nun dos seguintes casos:
- Ter superado o Bacharelato ou o COU
- Ter cursado ciclos superiores de Formación Profesional, Artes Plásticas ou ensinanzas deportivas
- Mediante a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
- Estudos estranxeiros validables a nivel de Bacharelato
- Alumnos de sistemas educativos da Unión Europea
BACHARELATO OU COU
É necesaria a superación das PAAU, probas de acceso á universidade (selectividade). En Galicia é a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) a que determina estas probas.
FORMACIÓN PROFESIONAL, ARTES PLÁSTICAS E ENSINANZAS DEPORTIVAS
Ao acabar os ciclos de grao superior (ou equivalentes) destes ensinos pódese acceder á universidade sen ter que presentarse ás PAAU, pero non a todas as titulacións senón a aquelas nas que a especialidade cursada o permita.
PROBA DE ACCESO PARA MAIORES DE 25 ANOS
A Universidade convoca unha vez ao ano unha proba de acceso para aquelas persoas que teñen máis de 25 anos (ou os cumpren antes do 1 de outubro do ano de realización da proba) e non posúen o título de Bacharelato. A proba ten unha parte común e unha parte específica. Poderase acceder ás titulacións vinculadas á opción elixida na proba.
Máis información: http://ciug.cesga.es/marco e http://www.edu.xunta.es
POSGRAO
Enténdese por ensino de posgrao aquel que se realiza unha vez obtido un título universitario oficial, e que che permite especializarte nunha determinada área de coñecemento máis concreta e específica.
Os títulos propios de posgrao son títulos que as universidades ofrecen, pero que non se atopan no catálogo de títulos oficiais. Esta clase de ensinos pretende satisfacer unha demanda non atendida na súa totalidade ou parcialmente polos títulos oficiais. Os títulos propios de posgrado na maioría das universidades son dous:
MÁSTER (mínimo 60 créditos ECTS e máximo 120 créditos ECTS)
EXPERTO ou ESPECIALISTA (20-40 créditos ECTS)
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título de graduada/o, diplomada/o, enxeñeira/o técnico, arquitecta/o técnico, licenciada/o, enxeñeira/o ou arquitecta/o. A persoa directora do curso poderá propoñer que se establezan requisitos adicionais de formación previa específica nalgunhas disciplinas.
Excepcionalmente, nos cursos de Experto Universitario, pode permitirse o acceso a persoas que, sen ter titulación universitaria, cumpran cos requisitos mínimos de acceso á universidade e, á vez, proporcionen un notable grao de experiencia profesional no campo ao que vai dirixido o título en cuestión. (Arquivo adxunto do art.342 sist educativo).
LIGAZÓNS DE INTERESES
Universidade de Santiago de Compostela
Web do Ministerio de Educación e Ciencia
Consellería de Educación. Xunta de Galicia
INFORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Nas tres universidades galegas atopamos áreas que se encargan de velar pola integración das persoas con discapacidade, así como tamén unidades de atención á diversidade.
Unidade universitaria de atención á diversidade (ADI). Centro universitario de formación e innovación educativa (CUFIE)
Universidade da Coruña
Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n
15071, A Coruña
Teléfono: 981 16 70 00, Extensións: 5622
Fax: 981 16 71 88. Correo electrónico: adi@udc.es
Área de integración universitaria. USC
Campus de Santiago. Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social
Rúa das Casas Reais, 8
15782. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100 Extensión: 12858/12859
Fax: 981 577 530 Correo electrónico: volunusc@usc.es