EDUCACIÓN

Educación a distancia

Centro para a Innovación e o Desenvolvemento da Educación a Distancia (CIDEAD), integrado no Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa ten a función de coordinar e organizar os elemento e procesos da educación a distancia, así como facilitar o acceso á educación das persoas adultas e, tamén, das alumnas e alumnos en idade escolar que, por circunstancias persoais, sociais, xeográficas ou outras de carácter excepcional, vense imposibilitados para seguir ensinos a través do réxime presencial ordinario.

O CIDEAD ofrece na modalidade a distancia, os ensinos de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, ESPAD e Bacharelato, á vez que participa na Formación Profesional e Ensino Oficial de Idiomas.

BACHARELATO A DISTANCIA

O bacharelato a distancia oriéntase fundamentalmente a adultos que por diferentes motivos non concluíron os seus estudos e agora queren retomalos.

Outros dos destinatarios posibles son estudantes en circunstancias excepcionais ou alumnos maiores de dezaseis anos que polo seu traballo non poden acudir aos centros ordinarios e seguir horarios regulares.

vantaxe desta modalidade radica na comodidade que supón estudar dende a casa sen estar sometido a un horario, o que fai factible compatibilizar o traballo cos estudos.

Onde matricularse?

- Instituto coordinador: Santiago de Compostela, I.E.S. San Clemente. Teléfono 981580496.

Centros coordinadores:

  • A Coruña. EPA Eduardo Pondal. Teléfono 981278035
  • Ferrol. EPA de Santa María de Caranza. Teléfono 981333017

UNED. Universidade Nacional de Educación a Distancia

  • UNED Ferrol. Teléfono 981364026. Enderezo: Rúa María, número 52-54, Ferrol.