Están conformadas polas ensinanzas de idiomas, as ensinanzas deportivas e as ensinanzas artísticas
- Ensinanzas de idiomas
Teñen por obxecto capacitar para o uso adecuado dos diferentes idiomas. Organízanse en nivel básico, medio e avanzado.
Para acceder a elas será requisito ter 16 anos cumpridos no ano que se comecen os estudos. Tamén poderán acceder os maiores de 14 anos para seguir os ensinos dun idioma distinto do cursado na ESO.
Os niveis intermedio e avanzado serán impartidos nas escolas oficiais de idiomas. O título de Bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato.
- Ensinanzas artísticas
Teñen como finalidade proporcionar unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, a danza, a arte dramática, as artes plásticas e o deseño.
Son ensinanzas artísticas as seguintes:
1. As ensinanzas profesionais de música e danza
2. As ensinanzas artísticas profesionais:
- ensinanzas profesionais de música e danza
- graos medio e superior de artes plásticas e deseño
3. As ensinanzas artísticas superiores:
- estudos superiores de música e danza
- as ensinanzas de arte dramática
- as ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
- os estudos superiores de deseño
- os estudos superiores de artes plásticas, que inclúen os estudos superiores de cerámica e os estudos superiores de vidro
- Ensinanzas deportivas
Teñen como finalidade preparar para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva. Os ensinos deportivos organízanse en bloques e módulos, de duración variable, constituídos por áreas de coñecemento teórico-prácticas. Estrutúranse en dous graos: grao medio e grao superior.
Grao medio
- Para acceder ao grao medio será necesario o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba (proba específica).
- Se non se dispón de título da ESO, pero teñense 17 anos, tamén pódese acceder superando unha proba de madurez, ademais da específica.
- Quen supere as ensinanzas deportivas de grao medio recibirán o título de Técnico Deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
Grao superior
- Para acceder ao grao superior será necesario o título de Bacharelato e o de Técnico Deportivo, na modalidade correspondente. Nalgunhas modalidades, será tamén necesario superar unha proba ou acreditar méritos deportivos.
- Tamén existe unha proba de acceso para quen non teña o título de Bacharelato, pero deben ter 18 anos de idade.
- Quen supere os ensinos deportivos de grao superior recibirá o título de Técnico Deportivo Superior na especialidade correspondente. Este título permitirá o acceso a determinados estudos universitarios.
PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL
Son programas de carácter non regrado que teñen como principal obxectivo a recuperación daquelas alumnas ou alumnos que non lograron os obxectivos do ensino obligatorio. Neste programa proporciónaselles unha formación básica e profesional que permita a súa incorporación á vida activa ou a continuación de estudos de Formación Profesional específica de grao medio, aínda que neste último caso é precisa a realización dunha proba de acceso.
A súa duración varía, normalmente, entre as 720 e as 1.800 horas de formación distribuídas entre 26 e 30 horas semanais.
Vai dirixido a mozos e mozas maiores de 16 e menores de 21 (nalgunhas comunidades autónomas o límite superior aumenta ata aos vinte e cinco), que non alcanzaran os obxectivos da ESO nin posúan titulación algunha de Formación Profesional.
Ao final do programa o alumno recibe un certificado no que consta o número de horas cursadas e as cualificacións obtidas en cada área formativa para acreditar a competencia adquirida.